Barbra Streisand revela que encargou dous clons da súa cadela

Barbra Streisand revelou que dous dos seus cans, Miss Scarlett e Miss Violet, son clons de Samantha, unha mascota que tivo a actriz e que morreu en 2017 aos 14 anos. Streisand, que non ofreceu detalles sobre o proceso de clonación, fixo o anuncio á revista Variety. "Teñen diferentes personalidades (...) Estou esperando a que se fagan maiores para poder ver si teñen os ollos marróns e a seriedade [de Samantha]", explica a actriz.
A entrevista con Streisand, que protagoniza a portada da edición desta semana de Variety, está acompañada dunha imaxe na que a artista aparece con Miss Scarlett e Miss Violet, os dous cans clonados a partir de células extraídas da boca e o estómago de Samantha. Os cans son de raza Cotón de Tulear, un tipo de can miniatura que posee un manto de pelo moi suave que os fai semellante a unha bola de algodón.
Cando os recibiu, a actriz comezou a vestir aos cans de color lavanda e vermello para distinguilos. Ten, ademais, un terceiro can, primo lexano de Samantha, que adoptou e bautizou Miss Fanny, en honor a Fanny Brice, a quen Streisand interpretou no teatro.



Barbra Streisand

Comentarios

Entradas populares de este blog

A CLONACIÓN TERAPÉUTICA

A clonación de plantas, un método de contraataque á extinción das especies