A CLONACIÓN TERAPÉUTICA


Quince anos despois do nacemento da ovella Dolly,un dos fitos da investigación biolóxica, a mesma técnica, aínda que mellorada, puido ser aplicada con éxito para obter un embrión humano. O feito de que en 2004 o coreano Hwang Woo-suk atribuíse falsamente habelo conseguido, nunha fraude científica sen precedentes, impuxo agora prudencia na interpretación do descubrimento, pero non hai dúbida de que se trata dun logro da bioloxía e un salto enorme no desenvolvemento da medicina rexenerativa.

A técnica consiste en introducir o material xenético dunha célula somática dun adulto nun óvulo previamente baleirado do seu núcleo. Ao inducir o seu desenvolvemento, obtense un embrión que, de implantarse nun útero feminino, daría lugar hipotéticamente a un ser idéntico ao adulto do que se extraeu o material xenético. Pero esa é unha posibilidade que aínda forma parte da ciencia ficción e nese mundo debe continuar: hai que recordar que está prohibido utilizar a clonación con fins reproductivos. Pero ademais, a técnica non avanzou o suficiente como para asegurar que se puidese xestar ese ser humano clonado. O mesmo equipo que conseguiu este avance conseguiu xa en 2007 aplicar a transferencia nuclear en macacos, pero en cinco anos de intentos, apenas conseguiu un embarazo e acabou en aborto.
O que se logrou, e iso é o relevante, é crear un embrión e facelo crecer ata a fase de blastocisto (cinco ou seis días), para obter nese punto células nai embrionarias que, cultivadas no laboratorio, poderían xerar calquera tecido do corpo. Ábrese, xa que logo, unha nova posibilidade para intentar crear órganos para trasplante ou para reparar tecidos danados. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

A clonación de plantas, un método de contraataque á extinción das especies

O MIT premia a investigadoras do Hospital Regional por un estudo de esclerosis múltiple