O MEDO A QUE NOS COPIEN

Narciso queríase tanto que morreu afogado ao intentar bicar o seu reflexo. Pero este tipo de comportamento era só unha anomalía por iso foi tomado como personaxe na educativa mitoloxía. Porque, recoñezamolo: por moito que nos gustemos e aínda que sexamos os únicos que nos damos sempre a razón, a idea de vivir nun mundo con persoas idénticas a nós non nos seduce a case ninguén. Sería como a redacción dun xornal ou o vestuario dun equipo de galácticos: demasiados egos xuntos. Levado a un terreo máis serio, a clonación humana, como di -falando a título individual-, segundo recalca Teresa López López, presidenta do Comité de Bioética Español (CBE).

"A clonación e a reprodución por medios non naturais están prohibidas por Nacións Unidas", recorda Carlos Alonso Bedate, membro tamén do CBE. Pero as leis nunca foron barreira suficiente para algúns científicos. Sempre pode haber algún millonario que queira recuperar mediante a clonación a un fillo o a súa esposa falecida, e de seguro que atopa algún laboratorio que permita satisfacerlle os seus desexos.
Pero estas prohibicións son as suficientes para que esto non se leve a cabo? Co paso dos anos, daremonos conta de si ou non.


Comentarios

Entradas populares de este blog

A CLONACIÓN TERAPÉUTICA

A clonación de plantas, un método de contraataque á extinción das especies