A clonación de plantas, un método de contraataque á extinción das especies
Ante o risco de que 80.000 especies de orixe vexetal de todo o mundo acaben desaparecendo, os científicos recorren a procesos 'in vitro' que permiten que perduren. A partir dunha célula vexaetal podense obter despois millóns de plantas. O ser humano busca alternativas ante a ameaza de extinción para unhas 80.000 especies vexetais a nivel mundial e a clonación a partir do cultivo de texidos irrumpe como punta de lanza biotecnolóxica que pode aliviar esta situación. O investigador Víctor Chávez contou os detalles deste proceso 'in vitro' que pode replicar, a partir dunha soa célula do vexetal , "miles ou millóns de plantas en espacios reducidos en tempos moi curtos" e con independencia das condicións climáticas. No Instituto de Bioloxía da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM), onde se levan a cabo estos procesos, o doutor en ciencias apuntou que buscase "o aproveitamento sustentable de especies mexicanas escasas ...