A clonación de plantas, un método de contraataque á extinción das especies

Ante o risco de que 80.000 especies de orixe vexetal de todo o mundo acaben desaparecendo, os científicos recorren a procesos 'in vitro' que permiten que perduren. A partir dunha célula vexaetal podense obter despois millóns de plantas.
O ser humano busca alternativas ante a ameaza de extinción para unhas 80.000 especies vexetais a nivel mundial e a clonación a partir do cultivo de texidos irrumpe como punta de lanza biotecnolóxica que pode aliviar esta situación.
O investigador Víctor Chávez contou os detalles deste proceso 'in vitro' que pode replicar, a partir dunha soa célula do vexetal, "miles ou millóns de plantas en espacios reducidos en tempos moi curtos" e con independencia das condicións climáticas.
No  Instituto de Bioloxía da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM), onde se levan a cabo estos procesos, o doutor en ciencias apuntou que  buscase "o aproveitamento sustentable de especies mexicanas escasas na natureza, algunhas en perigo de extinción e outras xa extintas".
Dado que é moi complicado conseguir o exemplar completo ou incluso sementes destas plantas ameazadas, os científicos recorren a esta técnica. "É menester entón levar a cabo investigacións biotecnolóxicas que permiten dividir a un individuo nos seus bloques constituintes, os seus órganos, os seus texidos, as súas células, de tal maneira que poderemos nós cultivar raíces, talos, pétalos, epidermis de maneira aséptica in vitro", explicou.

Comentarios

Entradas populares de este blog

A CLONACIÓN TERAPÉUTICA

O MIT premia a investigadoras do Hospital Regional por un estudo de esclerosis múltiple